Grazas

lunes 7 de septiembre de 2009
Máis de 1.000 persoas pasaron por Canido.
Grazas a todos eles en nome de Eduardo Hermida e Avelino Castro.

Foi un auténtico éxito. Ata a Infanta Margarita Teresa de Austria, máis de 3 séculos despois, veuse sorprendida polo seu poder de convocatoria. De feito, foi o entusiasmo dos artistas o que xerou un ambiente tan positivo que contaxiou a tódolos asistentes e medios de comunicación, os cales se desfixeron en eloxios a esta reivindicación artístico-festiva.

Vaia en honor de todos esta reportaxe fotográfica que fixemos dende Empatía Comunicación.


As Meninas nos medios

Xornais e diarios


Galicia Hoxe
07/09/2009 · O Canido, de Velázquez.

El Correo Gallego

06/09/2009 · Meninas cruzando el espejo.
06/09/2009 · Galería de fotos. Exposición de as Meninas nas rúas de Ferrol.

Diario de Ferrol
06/09/2009 · Portada

Europa Press
04/09/2009 · Medio centenar de artistas cubrirán mañá casas abandonadas de Ferrol con representacións de Las Meninas de Velázquez.

La Voz de Galicia
06/09/2009 · "Las Meninas" inundan ferrol.
06/09/2009 · Las Meninas de Velázquez, versión Canido.
04/09/2009 · El proyecto As meninas de Canido unirá este año la música y el cine con la pintura.
03/09/2009 · As Meninas vuelven a Canido para sacar el arte de los museos.
11/08/2009 · El proyecto artístico «Las Meninas de Canido» celebrará su segunda edición el 5 de septiembre.

ABC
03/09/2009 · Ferrol volverá a decorar el barrio de Canido con "Las Meninas".



Radio


Radiofusión
06/09/2009 · María Pujalte e Yolanda Castaño coas Meninas.
05/09/2009 · O MOMA de Ferrol en Canido.
04/09/2009 · As recreacións das Meninas de Velázquez encheran as rúas de Canido.



Televisión


A Galega
05/09/2009 · Corenta artistas levan a arte ás rúas de Ferrol

Televisión Ferrol Canal 31
03/09/2009 · Rolda de prensa sobre As Meninas no informativo. Parte1 Parte2



Blogs e webs


PintoresGallegos.com
07/09/2009 · Las Meninas vuelven en 2009 al barrio de Canido en Ferrol.

Web da Asociación cultural Fuco Buxán

07/09/2009 · Canido: A festa das Meninas. Galería de Fotos.

María Xosé Díaz

06/09/2009 · Web persoal. Noticias Septiembre 2009

Galería de fotos de Xoán Porto
05/09/2009 · Flickr - As Meninas de Canido 09

Canido Sostible
06/09/2009 · O Recordo das Meninas de Canido 2009.
06/09/2009 · Meninas de Luxe.
04/09/2009 · Véspera das Meninas.
10/08/2009 · Canido Velazquiano.

Ferrol.es
04/09/2009 · Ferrol fusiona este sábado pintura, danza, música y cine a pie de calle con el proyecto artístico Las Meninas de Canido.

Programa

miércoles 2 de septiembre de 2009
10:00 - Recepción ós artistas e distribución de espazos.

12:00 - Pasarrúas tradiciónal - Os Xotas.

            Música con Antón Varela.

12,30 - Danza contemporánea a cargo de Cristina Montero.

14,00 - Descanso. Comida para os artistas.

17:00 - Taller infantil de pintura. Organizado pola Asociación de Veciños de Canido.

            Pasarrúas con Berros do Castro

20:00 - Danza contemporánea con Cristina Montero.

21:00 - Curtametraxes de Rubén Coca

21,30 - Concertos - Música.

            Al Vila

            Roger de Flor

            Alberto Pérez

            Todo el largo verano

            Carrero Bianco

Pintores confirmados

Nesta edición, confirmamos a asistencia polo de agora, de máis de 30 40 pintores que poñerán en práctica este sábado as súas técnicas para retratar ás Meninas sobre as fachadas e muros do barrio de Canido.

Álvaro De La Vega
Ana Ferreira
Antonietta
Anxo Varela
Avelino Castro
Blanca López
Cabezas
Carmen Martín
Carmen Soto
Casarroja
Cebral
Chelo Facal
Eduardo Hermida
Francisco Xosé
Gala Pereda
Gascón
Gossia Screbazc
Irune Michelena
Juan López
Julia Izquierdo
Ladislau Da Regueira
Laureano Quesada
Leandro
Manoli Miraz
Manuela Castro
María Martínez
María Porto
María Xosé Díaz
Mariano Casas
Maribel Garrote
Marita Carmona
Martina Pacheco
Nadales
Pablo Limorte
Pili Grandal
Pipo Romero
Rosa Fdez. Salanova
Sara Garrote
Sofía Piñeiro
Víctor García Novás

Cristina Montero

martes 1 de septiembre de 2009
Cristina Montero García comezou con 9 anos no mundo do ballet clásico e continuou a súa carreira coa danza contemporánea, introducíndose máis tarde na danza aplicada ó teatro e levando a cabo espectáculos nos que fusiona a música co teatro físico, unha arte que require dunha grande concentración e coordinación, mental e corporal.

Desfrutaremos da súa actuación este ano, nesta II Edición das Meninas de Canido, non vola perdades.

FONTE : Entrevista na Voz de Galicia

Roger de Flor

viernes 28 de agosto de 2009
Contaremos nas Meninas de Canido coa actuación do artista Roger de Flor, representante dunha nova xeración de músicos de Ferrolterra. O seu estilo foi traballado dende a bossa nova pasando polas influencias de Sinatra, The Kinks, Ray Davies, O Marqués das Viñas e Bob Dylan entre outros, ata chegar a cultivar na actualidade un estilo enfocado cara o swing e o pop.

Rogelio Arias foi integrante dos grupos La Sociedad Protectora del Hombre Mono, onde realizaban distintas versións rendendo tributo a The Kinks, Bang 74 un grupo do estilo "power-pop" e tamén formou un dúo de bossa nova xunto a Alejandra Parada.

Deixámosvos un dos seus videoclips realizado polo cineasta Carlos Alberto Alonso, ó que dende aquí aproveitamos para pedirlle desculpas por unha primeira omisión, e producido por Rubén Coca.



Michel Groisman

martes 18 de agosto de 2009
Artista brasileiro moi recoñecido polos seus traballos no MOMA de NY, no Velódromo Vigorelli de Milán, na II Bienal Nacional de Lima e en distintos museos de Brasil.

O seu traballo integra artes visuais e movemento a través de dinámicas e xogos.

Participou en numerosas exposicións e festivais por todo o mundo, coma o "InTransit" de Alemaña, o "Fierce!" de Inglaterra, "Le Merlan" e "Made in Brasil" de Francia, no "Riocenacontemporanea" e no "Festival Panorama de Dança", en Brasil.

Confirmamos a súa asistencia nas Meninas de Canido onde poderemos desfrutar da súa performance.




--------------------------------------------------------------------------------------------
ACTUALIZACIÓN 1 de setembro 2009

Por razóns alleas á organización, lamentamos informar de que o artista brasileiro Michel Groisman non poderá asistir á II Edición As Meninas de Canido. Arte na rúa 2009. Será Cristina Montero a que leve todo o peso contemporáneo do evento no relativo a danza e expresión corporal.